consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


A obra poética de Álvaro Cunqueiro
mesa redonda | Venres, 17 de xuño de 2011 ás 19:00
Información

O ano do centenario será tamén o da edición de moitos textos inéditos de Álvaro Cunqueiro, nomeadamente os poéticos.


"O corpus poético do autor mindoniense duplicarase en breve", afirmou Manuel Forcadela, escritor e profesor da Universidade de Vigo, no Faladoiro que sobre a obra poética cunqueiriana tivo lugar no Consello da Cultura Galega. No faladoiro, introducido por Henrique Monteagudo, a profesora Teresa López (Universidade da Coruña) afirmou que o autor "intentou dar resposta desde a poesía aos problemas do home". Pola súa parte, Xosé Manuel Salgado (Universidade de Santiago de Compostela) subliñou a dimensión lírica de Cunqueiro "que foi un excelente poeta e foino toda a vida".


O Consello da Cultura Galega organizou, entre outras actividades conmemorativas do centenario de Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo,1911-Vigo, 1981), once Faladoiros arredor da súa obra en todas as cidades galegas, ademais de Madrid e Barcelona. O próximo será en o 7 de xullo en Ourense.


A obra poética de Álvaro Cunqueiro
Data de celebración: 2011-06-17 19:00:00

Manuel Santiago Fernández María Teresa López Xosé Henrique Monteagudo X. M. Salgado



Ficha técnica
Coordinación
» Henrique Monteagudo
Participante
» Manuel Forcadela
» Teresa López Fernández
» Henrique Monteagudo
» X. M. Salgado
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Participantes
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela