consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Sinatura Convenio de colaboración entre o CCG e a AIEG
convenios | Martes, 12 de xaneiro de 2010
Información
Os presidentes do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), Craig Patterson, asinaron un protocolo-marco de colaboración para realizar actividades e proxectos en forma conxunta. O documento institucionaliza una colaboración que ven de vello e permite ao Consello un paso máis na súa liña estratéxica de difusión da cultura galega no exterior.

O protocolo asinado menciona, entre outras accións, o desenvolvemento de proxectos de investigación, a organización de todo tipo de actividades académicas e, particularmente, os congresos trianuais da AIEG, o apoio a investigadores estranxeiros, o intercambio de publicacións e proxectos culturais e outras iniciativas consideradas de mútuo interese.

Craig Patterson , profesor da Universidade de Cardiff e que se expresou nun perfecto galego, agradeceu a axuda e a acollida do CCG e falou da necesidade de fortalecer o traballo dunha entidade creada en 1982 e que celebrará o seu X congreso en Cardiff-Gales en setembro de 2012. Patterson amosouse moi crítico coas “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüsimo, polos “prexuízos para o galego e polas complicacións que introduce na organización da actividade escolar”, dixo.