Presentación do libro Arriola, obra musical
10 de xuño de 2010 no Salón de actos do CCG
O Consello da Cultura Galega acolleu a presentación do libro Arriola, obra musical, que o organismo coeditou xunto co Consorcio de Santiago. A obra recupera a biografía e o legado musical de José Pepito Arriola (1985-1954), precoz e extraodinario pianista galego radicado en Berlín. Arriola naceu en Betanzos e viviu en Ferrol, onde deu o seu primeiro concerto á idade de tres anos. Despois marcharía a Berlín para formarse á beira de Richard Strauss. Chegou a ser pianista do Káiser Guillermo II, pero os bombardeos aliados de 1944 destruíran a súa biblioteca e grande parte da súa obra.
Neste sentido, Francisco Díaz-Fierros salientou o traballo realizado para rescatar e recompoñer a memoria e a obra de Arriola, mediante o activo compromiso da Sección de Música e Artes Escénicas do CCG, coordinado polo tamén pianista Ramón Castromil.
O acto finalizou coa actuación do cuarteto de corda da Real Filharmonía de Galicia, dirixido por Maximino Zumalave, quen interpretou o "Quarteto de cordas" de Arriola.
Presentación
Presentación do libro Arriola, obra musical
10 de xuño de 2010 no Salón de actos do CCG
Presentación
Presentación do libro Arriola, obra musical
10 de xuño de 2010 no Salón de actos do CCG
Solicita a túa inscrición
Presentación do libro Arriola, obra musical
Presentación. 10 de xuño de 2010 no Salón de actos do CCG