Cartas de poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro. 1953-1972

Presentación.

Cartas de poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro. 1953-1972

Venres, 23 de decembro de 2010
Presentación

Cartas de poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro. 1953-1972

Venres, 23 de decembro de 2010
O libro “Cartas de Poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro. 1953-1972”, edición facsímil con transcrición e notas, foi presentada no Consello da Cultura Galega como homenaxe da institución ao poeta ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2010. Presidiu o acto Ramón Villares, presidente do CCG, ao que acompañaron os editores, Luís Cochón e Luís Alonso Girgado, Elba Rei, viúva de Novoneyra, e os seus fillos Uxío e Branca. Do libro imprimíronse cincocentos exemplares numerados.

Ramón Villares aludiu ao volume, que agrupa 45 cartas, como “unha peza única e demostrativa da importante relación entre Uxío Novoneyra (1930-1999) e Ramón Piñeiro (1915-1990), prologuista da primeira edición de OS EIDOS, e agradeceu a presenza da familia do poeta e a colaboración da Fundación Penzol, onde está depositado o epistolario.

Luís Cochón mencionou algúns dos motivos do que cualificou como “ilustrativo material epistolar” e citou “a situación de illamento do Courel e o sentimento da terra, a recepción de libros e a súa lectura, as visitas de amigos, as viaxes, a creación ou corrección de poemas ou poemarios propios, o ámbito familiar na casa paterna do Courel, a situación anímica do poeta, algúns episodios e circunstancias da actualidade literaria galega coas novedades editoriais, a segunda estancia do poeta en Madrid e, sobre todo, algúns pasos textuais referidos a OS EIDOS (1955), e logo ás ELEXÍAS DO CAUREL”.

A respecto desta edición, “moi significativo testemuño da historia literaria e cultural de Galicia”, escribe no limiar Henrique Monteagudo e engade: “A lectura das cartas e dos outros textos ofrecidos neste volume axudará a entender a trama de relacións humanas, a arquitectura de sensibilidade e a matriz de pensamento en que se esteou aquel espírito libre (Uxío Novoneyra) para producir a súa obra, tan fondamente inspirada e empolgante, unha obra que seguirá engaiolando e facendo vibrar intemporalmente o corazón dos seus lectores e lectoras”.
LUGAR
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Ficha técnica 
Presentación.
Cartas de poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro. 1953-1972
Cando
Venres, 23 de decembro de 2010
Enderezo

Biblioteca do Consello da Cultura Galega

Participante
Luís Cochón
Ramón Villares
participante
Consello da Cultura Galega