O futuro da lingua portuguesa no sistema mundial

Conferencia.

O futuro da lingua portuguesa no sistema mundial

26 e 27 de marzo de 2010. Conferencia de Ramón Villares
Conferencia

O futuro da lingua portuguesa no sistema mundial

26 e 27 de marzo de 2010. Conferencia de Ramón Villares
Convidado polo Ministerio das Relaçoes Exteriores do Brasil, Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura galega, participará entre o 26 e o 27 de marzo na Conferência Internacional sobre o Futuro da Língua Portuguesa no Sistema Mundial, que se celebrará en Brasilia e que organiza a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP). A conferencia reúne a representantes gobernamentais e personalidades de diferentes áreas da sociedade civil para debater as oportunidades, desafíos e instrumentos para a difusión da lingua portuguesa e a súa crecente proxección no escenario internacional. A capital brasileira acollerá tamén a VI Reunión Extraordinaria do Consello da Ministros da CPLP.

Ramón Villares tamén aproveitará a viaxe a Brasil para abrir vías de colaboración con diferentes institucións culturais e académicas do país sudamericano. Deste xeito, reunirase cos directores do Instituto Cervantes de São Paulo, Pedro Benítez, e co que Brasilia, Manuel Lombao. Neste último centro impartirá unha conferencia o día 28 de marzo sobre o tema “Galicia: unha cultura-ponte entre Europa e América”.
En Sâo Paulo a axenda do Presidente do CCG terá como obxectivos o establecemento de acordos de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e diferentes institucións brasileiras co obxectivo de promover e difundir a lingua e cultura galegas no Brasil. Deste xeito, Ramón Villares subscribirá un acordo marco co reitor da Universidade de Sâo Paulo para a realización de actividades de intercambio cultural e pronunciará o 29 de marzo unha conferencia sobre “Galicia: unha nación cultural”, na Universidade de Sao Paulo convidado pola directora da Cátedra de Estudos Galegos, a profesora Valeria Gil Condé.

O presidente do CCG tamén visitará o Memorial do Emigrante da cidade, un importante cento museístico e documental, onde asinará un acordo-marco para a recuperación da documentación conservada no centro referente á inmigración española no Brasil. Canda isto, Villares entrevistarase, o 30 de marzo, con Frederico Barbosa, director de POIESIS, organización social de cultura, que administra o Museo de Língua Portuguesa -o máis visitado do Brasil- para concretar a posible colaboración entre as dúas entidades para a realización dunha gran exposición sobre a lingua, literatura e cultura galegas.
LUGAR
26 e 27 de marzo de 2010
Brasilia
BRASIL
Temáticas
Ficha técnica 
Conferencia.
O futuro da lingua portuguesa no sistema mundial
Cando
26 e 27 de marzo de 2010. Conferencia de Ramón Villares
Enderezo

26 e 27 de marzo de 2010
Brasilia
BRASIL

Autoría
Ramón Villares