consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Boticas, menciña e maxia
mesa redonda | Mondoñedo (Lugo), xoves, 4 de agosto de 2011 ás 20:30
Información

A Casa da Xuventude do concello de Mondoñedo, acollerá o xoves, 4 de agosto ás 20:30 horas, o faladoiro Boticas, menciña e maxia, no que participarán César Cunqueiro, Francisco Díaz Fierros- Viqueira, Ángel Vázquez de la Cruz e Xosé Ramón Mariño Ferro.


"A tertulia de Mansur é ás tardiñas, e tenden os criados toldo riscado e traen coxíns e almofadas, e van servindo o chá con menta. Os tertulios son os ditos pilotos que non andan na ocasión no mar, e máis o noso Sinbad, e os forasteiros que se acheguen, que cáseque sempre son xente mariñeira. (…) Na tertulia ponse Sinbad en duas almofadas no medio e medio da roda, e deixa que os outros vaian sacando novidás, e si falan de terras que esteñan de cerca, a dez días ou vinte de mar, ou de sucesos da vila ou do propio país de Bolanda, entón non dí nin verba, pro tan axiña como amosa aos beizos de calisquera dos presentes o nome dun país ou de illa, ou de nación de máis alá de Canbetún e Columbo, entón apreixa os xoenllos coas mans, e repite en voz alta o nome lonxano, e xa saben todos que vai falar Sinbad dunha viaxe sua, dunha descoberta famosa, dunha rara aventura, de costumes non usadas."


Si o vello Sinbad volvese ás illas…
Galaxia, 1961


Ficha técnica
Coordinación
» Henrique Monteagudo
Participante
» César Cunqueiro
» Francisco Díaz-Fierros Viqueira
» Xosé Ramón Mariño Ferro
» Ángel Vázquez de la Cruz
Colabora
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
Salón de actos
Casa da Xuventude de Mondoñedo
Rúa Pacheco, 5
27740 Mondoñedo
Lugo