Olga Gallego Domínguez

Xornada. De pioneiras e andainas

Olga Gallego Domínguez

Xoves, 27 de outubro de 2011
Santiago de Compostela
Xornada
De pioneiras e andainas

Olga Gallego Domínguez

Xoves, 27 de outubro de 2011 Santiago de Compostela

Con esta xornada preténdese propiciar un espazo para o estudo e recoñecemento da obra da arquiveira e historiadora Olga Gallego Domínguez, proporcionando reflexións sobre as distintas facetas do seu traballo profesional e investigador. Herdeira da tradición humanista que caracterizou a Arquivística dos séculos XIX-XX, soubo ligala coas expectativas dos novos servizos públicos e transmitirlles ás novas xeracións unha visión en que traballo profesional e investigación van da man.


A xornada Mulleres e Historia. Olga Gallego Domínguez quere contribuír, ademais, a través da figura desta profesional, a visibilizar o labor de tantas mulleres que sostiveron e sosteñen o sistema de arquivos e bibliotecas públicas.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A asistencia ao acto é libre e gratuita.
Entregarase diploma de asistencia previa inscrición.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org