consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Conexões IV. A literatura brasileira hoje. Diálogos Galiza-Brasil
encontro | 17, 18 e 19 de outubro de 2011
Información

O evento Conexões IV:-A Literatura Brasileira hoje. Diálogos Galiza-Brasil, que terá lugar en Santiago de Compostela, entre os días 17-19 de outubro de 2011 constitúe o primeiro encontro deste teor que se desenvolve na Europa.


A orixe desta iniciativa está no proxecto Conexões-Mapeamento Internacional da Literatura Brasileira. Trátase dun programa da área de Literatura do Itaú Cultural (Brasil) (http://conexoesitaucultural. org.br/) que, desde 2008, constitúe un espazo de reflexión e debate e elabora unha base de dados sobre a difusión e a presenza da literatura e da cultura brasileiras no exterior. Esa cartografia permite planificar e desenvolver políticas concretas de apoio á difusión e coñecemento da literatura e da cultura brasileiras a nivel internacional.


Trátase do cuarto encontro internacional do programa do Itaú Cultural e o segundo realizado fóra do País –o primeiro foi na Universidade de Wisconsin-Madison (EUA). No Brasil tiveron lugar os encontros de pesquisadores, tradutores e escritores brasileiros e estranxeiros en São Paulo (2008) e no Rio de Janeiro, en parcería coa Universidade Federal do Rio de Janeiro (2009). Alén diso, o Conexões Itaú Cultural xa presentou o seu mapeamento internacional da literatura brasileira na reunión da Associação Europeia de Pesquisadores em Brasil (Universidade de Salamanca, 2009), no 10º Congresso Internacional da Brasa (Brazilian Studies Association) (Brasília, 2010), alén de participacións no Fórum das Letras 2010 (Ouro Preto-Minas Gerais) ou das edicións de 2010 e 2011 na Festa Literária Internacional (FLIP) de Paraty. Conexões IV será co-organizado polo Itaú Cultural e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Embaixada do Brasil en Madrid e Fundación Cultural Hispano- Brasileña e da Universidade de Santiago de Compostela. Os responsables son Claudiney Ferreira (Itaú Cultural), Felipe Lindoso (consultor do Itaú Cultural) e Carmen Villarino Pardo (USC).


Este Encontro pretende que escritores/as brasileiros/as (con traxectorias amplamente consolidadas e con obras traducidas en diversos países: Luiz Ruffato, Márcio Souza, Cíntia Moscovich, João Almino, Marçal Aquino e Marco Lucchesi) e expertos brasilianistas tanto do ámbito internacional (Florencia Garramuño -Univ. De Santo Andrés, Buenos Aires-, Leonardo Tonus - La Sorbonne, Paris IV- e Darlene Sadlier –Univ. De Indiana, EUA,) como español (Pedro Serra - Universidade de Salamanca-, Antonio Maura –Universidade Complutense de Madrid-, e Elena Losada –Universidade de Barcelona), poidan discutir en mesas-redondas sobre as dinámicas actuais da literatura brasileira e as dificultades para se inserir nos espazos da crítica e dos mercados internacionais e contrastar esa situación con escritores/as galegos/as homólogos e con críticos literarios, editores, pesquisadores, docentes e tradutores. A participación galega conta con figuras destacadas do ámbito da investigación e da escrita como Anxo Quintela, Carlos Quiroga, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carmen Villarino, Elías Torres, Iolanda Zúñiga, Manuel Bragado Suso de Toro, Víctor Fernández Freixanes, ou Xavier Queipo.


Inauguración e presentación á prensa
Data de celebración: 2011-10-17 17:00:00

Francisco Durán Claudiney Ferreira Ramón Villares

Conexões Itaú Cultural - A literatura brasileira hoxe. Conexões, dentro e fóra do Brasil.
Data de celebración: 2011-10-17 17:30:00

Claudiney Ferreira Felipe Lindoso Marco Luchessi Carlos Quiroga María Carmen Villarino

Quico Cadaval

Carmen Villarino (modera), Claudiney Ferreira, Felipe Lindoso, Carlos Quiroga, Marco Luchessi


Descubrindo o Brasil - As pesquisas sobre literatura brasileira e as súas ligazóns con outras disciplinas no ámbito do “brasilianismo”.
Data de celebración: 2011-10-18 09:30:00

Florencia Garramuño Elena Losada Carlos P. Martínez Darlene Sadlier Leonardo Tonus

Leonardo Tonus (modera), Carlos Paulo Martínez Pereiro, Elena Losada, Florencia Garramuño, Darlene Sadlier


Diálogos de escritores
Data de celebración: 2011-10-18 12:00:00

Marçal Aquino Xesús Miguel de Toro Felipe Lindoso Luiz Ruffato Iolanda Zúñiga

Felipe Lindoso (modera), Marçal Aquino, Luiz Ruffato, Suso de Toro, Iolanda Zúñiga


A mediación cultural como diálogo.
Data de celebración: 2011-10-18 16:00:00

João Almino Manuel Bragado Marco Luchessi Antonio Maura Márcio Souza

Márcio Souza (modera), Marcho Lucchesi, João Almino, Antonio Maura, Manuel Bragado


As vertentes do ensino de literatura brasileira.
Data de celebración: 2011-10-19 09:30:00

Florencia Garramuño Carlos P. Martínez Darlene Sadlier Pedro Serra Leonardo Tonus

Carlos Paulo Martínez Pereiro (modera), Pedro Serra, Leonardo Tonus, Florencia Garramuño, Darlene Sadlier


Espazos para a literatura brasileira actual.
Data de celebración: 2011-10-19 12:00:00

Marçal Aquino Cíntia Moscovich Anxo Quintela Luiz Ruffato Elías J. Torres

Luiz Ruffato (modera), Marçal Aquino, Cíntia Moscovich, Anxo Quintela, Elias Torres


Hemeroteca
27-03-2012
Ramón Villares impartiu un seminario sobre "expectativas e desafíos da cooperación cultural" no Instituto “Itaú Cultural” de Sao Paulo
19-10-2011
O Encontro “Conexôes IV. Diálogos Galicia-Brasil” demanda novas liñas de acción e estratexias de cooperación mútua en materia cultural galaico-brasileira
18-10-2011
O Encontro “Conexöes IV. A literatura brasileira hoxe. Diálogos Galicia-Brasil” subliña a necesidade dunha maior cooperación aproveitando os camiños da lingua
Ficha técnica
Autoria
» Xavier Queipo
Coordinación
» Claudiney Ferreira
» Felipe Lindoso
» María Carmen Villarino
Modera
» María Carmen Villarino
Participante
» João Almino
» Marçal Aquino
» Manuel Bragado
» Quico Cadaval
» Claudiney Ferreira
» Víctor F. Freixanes
» Florencia Garramuño
» Felipe Lindoso
» Elena Losada
» Marco Lucchesi
» Carlos P. Martínez Pereiro
» Antonio Maura
» Cíntia Moscovich
» Anxo Quintela
» Carlos Quiroga
» Luiz Ruffato
» Darlene Sadlier
» Pedro Serra
» Márcio Souza
» Leonardo Tonus
» Suso de Toro
» Elías Torres
» Iolanda Zúñiga
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Colabora
» Cátedra UNESCO de cultura luso-brasileira
» Fundación Cultural Hispano Brasileña
» USC. Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua
Organiza
» Consello da Cultura Galega
» Itaú Cultural
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela