consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Álbum da ciencia: O I+D histórico de Galicia
presentación | Martes, 27 de marzo de 2012 ás 12:00
Información

O proxecto do Álbum da Ciencia encaixa no que o Consello da Cultura Galega entende que debe ser a cultura científica e “ven cubrir evidentes déficits no coñecemento dese ámbito fronte á cultura humanística”. Así o definiu Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente da institución e coordinador da Sección “Ciencia, natureza e sociedade”.


O proxecto, que xa pode verse e consultarse en www.culturagalega.org/albumdaciencia/, foi presentado ás 12:00 horas do martes 27 de marzo en rolda de prensa polo seu director Xosé Antonio Fraga Vázquez, que deu conta das xa consultables primeiras vinte biografías, resultado do traballo dun equipo de 33 especialistas, que irán incorporando outras achegas ata acadar as trescentas biografías.


Pola tarde, ás 19:00 horas, o Álbum foi presentado ao público nun coloquio aberto no que xunto cos relatores citados interviu Ángel Carracedo, catedrático e investigador de referencia da Universidade de Santiago.


O Álbum da Ciencia supón un novo paso para un ambicioso proxecto do CCG: a futura elaboración do Álbum de Galicia.


 


Presentación do Álbum da ciencia: O I+D histórico de Galicia
Data de celebración: 2012-03-27 12:00:00

Francisco Díaz-Fierros Xosé Antón Fraga



Presentación do Álbum da ciencia: O I+D histórico de Galicia
Data de celebración: 2012-03-27 19:00:00

Ángel Carracedo Francisco Díaz-Fierros Xosé Antón Fraga



Hemeroteca
27-03-2012
O "Álbum da Ciencia" pretende cubrir os déficits no coñecemento científico e incorporará 300 biografías elaboradas por 23 investigadores
27-03-2012
Unha nova etapa para o Álbum da Ciencia
Ficha técnica
Participante
» Anxo Carracedo
» Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Presenta
» Xosé Antón Fraga
Participantes
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela