consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega
xornada | Xoves, 24 de maio de 2012
Información

Esta xornada, organizada co gallo da conmemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), ten como obxecto debater a actualidade das propostas críticas verbo do papel histórico e presente da emigración galega. Para iso reavaliarase, dende unha perspectiva actualizada, a discusión que provocara a aceda crítica ás colectividades de emigrantes galegos en Venezuela que contiña Viaxe ao país dos ananos, e tentarase tracexar cales poderían ser os paralelismos e as leccións desa discusión no presente, despois de que nos últimos anos a cuestión da reforma do dereito a voto dos ausentes estivese na axenda política e volva estar de novo con vistas a unha segunda reforma.


No decurso da xornada abordarase a biografía político-intelectual de Celso Emilio Ferreiro denantes e despois da súa emigración a Venezuela; o contexto e os trazos principais da inmigración galega e da colectividade galega en Venezuela entre as décadas de 1940 e 1970; e mais a discusión transnacional, na propia galicia e nas comunidades de emigrantes de américa e Europa, que foi provocada polas acusacións de Celso Emilio, o que tamén se vencellaba coas propias ideas do poeta arredor do feito migratorio. Concluirase cunha mesa redonda en que se reflexionará sobre a actualidade ou non das propostas do celanovés e dos seus críticos, e tentarase un posíbel balanzo da relevancia que a emigración e mais as comunidades de emigrantes desempeñaron na historia e no presente de galicia.


Inauguración
Data de celebración: 2012-05-24 10:00:00





Celso Emilio Ferreiro: Unha biografía político-intelectual
Data de celebración: 2012-05-24 10:15:00

Ramón Nicolás


Ramón Nicolás


A inmigración galega en Venezuela en tempos de Celso Emilio
Data de celebración: 2012-05-24 11:15:00

Raúl Soutelo


Raúl Soutelo Vázquez


Revisando os ananos: A interpretación da emigración galega en Celso Emilio Ferreiro
Data de celebración: 2012-05-24 12:45:00

Xosé Manuel Núñez


Xosé M., Núñez Seixas


Ananos ou xigantes? A actualidade do debate sobre a emigración, 40 anos despois
Data de celebración: 2012-05-24 17:00:00

Ildefonso de la Campa Anxo Lugilde Xosé Neira María Xosé Porteiro Ramón Villares




Presenta e modera: Ramón Villares
Xosé Neira Vilas
Román Rodríguez González
Anxo Lugilde
María Xosé Porteiro


Hemeroteca
24-05-2012
Unha xornada sobre Celso Emilio e a emigración galega salienta a necesidade de revitalizar en pé de igualdade as relacións coa "terceira xeración".
Ficha técnica
Coordinación
» Xosé M. Núñez Seixas
Participante
» Anxo Lugilde
» Xosé Neira Vilas
» María Xosé Porteiro García
» Román Rodríguez González
» Ramón Villares
Relator/a
» Ramón Nicolás
» Xosé M. Núñez Seixas
» Raúl Soutelo
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Organiza
» Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202 - Fax 981 957 205