consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


V Encontro O son da memoria
encontro | As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital en rede
Información

O Consello da Cultura Galega organiza un encontro de posuidores ou xestores de coleccións de gravacións sonoras que existen no país co fin de intercambiar información sobre as novas realidades e estudar as formas de coordinación posibles entre os diferentes arquivos en prol da rendibilidade da documentación dispoñible. Este seminario enmárcase nunha realidade cultural marcada pola crise económica e polo presente dixital en rede, unhas novas circunstancias que deben contribuír a un traballo colaborativo compatible coas distintas personalidades das coleccións particulares.


O encontro terá lugar o venres 27 de abril no salón de actos da Biblioteca da Cidade da Cultura en sesións de mañá e tarde. Serán catro mesas redondas, cada unha introducida por unha pequena charla por parte do moderador; seguido de tres persoas que falarán das realidades arquivísticas que eles impulsan. Logo, nun coloquio posterior cos presentes, reflexionarase sobre o tema xeral de cada mesa coas achegas concretas do resto das persoas participantes.


Autobús Cidade da Cultura Liña 9: Casas Novas / Viso / Multiusos / Cidade da Cultura http://www.tussa.org/


Inauguración
Data de celebración: 2012-04-27 10:00:00





Os arquivos de medios de comunicación
Data de celebración: 2012-04-27 10:30:00




Mesa redonda e Coloquio

Modera: Xosé María Palmeiro
Xosé María Fernández Pazos, Arquivo da Radio Galega 
Paco Nieto, Arquivo da Cadena Ser Lugo 
Henrique Sanfiz, emisoras municipais de Galicia 


Os arquivos nas universidades galegas
Data de celebración: 2012-04-27 12:30:00




Mesa redonda e Coloquio
Modera: Antón Santamarina
Francisco Fernández Rei, Instituto da Lingua Galega 
Lourenzo Fernández Prieto, Departamento de historia contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela 
Camiño Noia, Universidade de Vigo  


Os arquivos nas institucións galegas
Data de celebración: 2012-04-27 16:00:00




Mesa redonda e Coloquio

Modera: Afonso Vázquez-Monxardín
Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia 
Xosé Lois Foxo, Deputación de Ourense 
Pedro Vila López, Servizo de Tecnoloxías da Información do Parlamento de Galicia 
Concepción Losada Vázquez, Museo do Pobo Galego 


Os grupos de recompilación etno-musical
Data de celebración: 2012-04-27 18:00:00




Mesa redonda e Coloquio

Modera: Pablo Carpintero
Mini e Mero 
Castor e Félix Castro Vicente 
Xoán Xil