consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Debates sobre o patrimonio cultural galego
mesa redonda | 11 e 15 de Maio de 2012
Información

O obxectivo destes debates é desenvolver un proxecto reflexivo sobre o valor crítico dos Bens Culturais, a súa formulación, conservación e a súa protección. Por tal motivo se realizaron os encontros O valor crítico dos Bens Culturais (2008) e A situación actual do Patrimonio Cultural en Galicia, material para un debate (2011), e agora o proceso retómase coa celebración de debates monográficos sobre o Patrimonio Cultural Galego, nos que se afondará no Patrimonio Espiritual como posición entre o Patrimonio Inmaterial e o Patrimonio Material, e outro sobre a autenticidade e as boas prácticas na conservación do patrimonio cultural, os inventarios e os catálogos, entendidos estes como ferramentas para a conservación e a protección do patrimonio.


Ambas xornadas pretenden dar canle á demanda crecente que se está dando na Galicia actual sobre un debate público respecto ao patrimonio cultural e a súa conservación e que vén orixinada nuns casos pola situación na que se atopan as ferramentas de salvagarda do patrimonio moble e inmoble (inventarios e catálogos), e noutros casos polo acicate positivo que supuxeron dous acontecementos político-administrativos: a declaración do primeiro Ben de Interese Cultural Inmaterial para a figura do artista, escritor e político D. Daniel Rodríguez Castelao, e a elaboración do borrador de proposta do Panteón de Galicia, que abre e/ou continúa a idea do Panteón de Galegos Ilustres ou, o que é máis singular, lle da corpo á idea da figura do Galego Sobranceiro –de interese para Galicia-, que é, ou pode ser, percibido, recoñecido, acollido e evocado polo imaxinario colectivo como símbolo da identidade galega por medio da súa presenza nese Panteón. Ámbalas dúas situacións son as que dan inicio á presente rolda de debates, e serán as que dinamizarán e darán un fío de continuidade para estes e para debates posteriores.


Inauguración
Data de celebración: 2012-05-11 09:15:00

José Manuel Rey Iago Seara Ramón Villares



Presentación e introdución
Data de celebración: 2012-05-11 09:30:00

María García-Alén Iago Seara


Mª García Alén. Restauradora


O Instituto do Patrimonio Cultural Andaluz, unha institución do sistema público administrativo: o Consello Superior do Patrimonio Cultural Andaluz, o Observatorio do Patrimonio Cultural Andaluz, o Plan Estratéxico e o Instituto do Patrimonio Cultural
Data de celebración: 2012-05-11 10:30:00

Román Fernández-Baca


Román Fernández-Baca Casares. Director do Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico


Os inventarios e os catálogos do patrimonio cultural e a autenticidade e as boas prácticas co patrimonio cultural
Data de celebración: 2012-05-11 12:00:00

Gonzalo Borrás Begoña Fernández


Gonzalo Borrás Gualis. Catedrático emérito de historia da arte na Universidad de Zaragoza


Inventarios e catálogos na xestión do patrimonio cultural andaluz
Data de celebración: 2012-05-11 13:00:00

Silvia Fernández


Silvia Fernández Cacho. Xefa do Centro de Documentación e Estudos do Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico


O inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia
Data de celebración: 2012-05-11 16:00:00

Ignacio Cerrada María Diz Iago Seara


María Diz. Subdirectora xeral de protección do patrimonio culttural. Xunta de Galicia 
Ignacio Cerrada. Xefe do servizo de planeamento e inventario. Xunta de Galicia


Debate e conclusións
Data de celebración: 2012-05-11 17:00:00

Gonzalo Borrás Ignacio Cerrada María Diz Silvia Fernández Román Fernández-Baca María García-Alén Alfredo Vigo


Modera: Alfredo Vigo Trasancos


Presentación e introdución
Data de celebración: 2012-05-15 09:15:00

Iago Seara


Iago Seara Morales. Coordinador da sección de patrimonio e bens culturais e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña


O patrimonio espiritual galego: Un posicionamento entre o patrimonio cultural inmaterial e o patrimonio cultural material
Data de celebración: 2012-05-15 10:15:00

Marcial Gondar


Marcial Gondar. Facultade de filosofía, Universidade de Santiago de Compostela

 


O patrimonio inmaterial: O Plan Nacional da salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial
Data de celebración: 2012-05-15 11:30:00

Iago Seara María Pía Timón


María Pía Timón Tiemblo. Coordinadora do Plan Nacional da Salvaguarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. Instituto do Patrimonio Cultural de España.


O patrimonio cultural inmaterial. Definición e contidos. As experiencias das candidaturas ao Patrimonio Mundial do Estado Español e a Comunidat Valenciana
Data de celebración: 2012-05-15 12:30:00

Pablo Martínez Iago Seara


Luis Pablo Martínez. Coordinador das candidaturas UNESCO do Palmerar d’Elx, da Festa o Misteri d’Elx, do Tribunal des Aigües de la Vega de València e do proxecto pedagóxico do Centre de Cultura Tradicional T Museu Escolar de Puçol (Elx)


A materialidade do patrimonio cultural inmaterial vista a través da súa protección
Data de celebración: 2012-05-15 13:30:00

Tomás Rodríguez


Tomás Rodríguez Fernández. Arqueólogo da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia


O Atlas do patrimonio inmaterial andaluz
Data de celebración: 2012-05-15 16:30:00

Gema Carrera Iago Seara


Gema Carrera Díaz. Coordinadora do Atlas do patrimonio inmaterial andaluz


Debate e conclusións
Data de celebración: 2012-05-15 17:00:00

Gema Carrera Marcial Gondar Tomás Rodríguez Iago Seara María Pía Timón Manuel Vilar


Modera: Manuel Vilar


Hemeroteca
15-05-2012
Concluíron as xornadas sobre as boas prácticas na conservación e protección do Patrimonio Cultural Material-Inmaterial Galego
Ficha técnica
Modera
» Alfredo Vigo
» Manuel Vilar
Participante
» Gonzalo Borrás
» Gema Carrera
» Ignacio Cerrada
» María Diz Rodríguez
» Silvia Fernández Cacho
» Román Fernández-Baca
» Marcial Gondar
» Pablo Martínez Luis
» Tomás Rodríguez Fernández
» María Pía Timón
Presenta
» María García-Alén García
» Iago Seara
Organiza
» Consello da Cultura Galega
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela