consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Lisa Wedeen e Allais Hajou no ciclo: O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
conferencia | Xoves, 21 de xuño de 2012 ás 16:30
Información

Dentro do ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), a seguinte participación reunirá no seguinte evento a Lisa Weeden, profesora de Ciencia Política na Universidade de Chicago e especialista en Oriente Próximo, e Allais Hajou, director sirio de series televisivas de humor, quenes presentarán "Ideoloxía e humor en tempos escuros. Notas desde Siria. Lisa Wedeen e Allais Hajou" o xoves, 21 de xuño, ás 16:30 na Biblioteca do Consello da Cultura Galega.


Lisa Wedeen é profesora de Ciencia Política na Universidade de Chicago con liñas de investigación centradas en política comparada, Oriente Próximo, teoría política, teoría feminista e métodos cualitativos


Allais Hajou, director sirio de exitosas series televisivas como “The Lost (forgotten) Village,” Day`a, Daay`a, 2010 ou “Winds of Ruin,” Riyah al-Khirba 2011.


Ambos analizarán diversas series televisivas e a complexa relación entre ideoloxía e humor no réxime sirio.


Ademais, a autora indica que ten dous libros dispoñibles de balde neste enlace que permitirán coñecer algo máis sobre a súa traxectoria de investigación. L Wedeen sinala que o texto denominado Ambiguities of domination permite unha lectura completa e do segundo Peripheral visions recomenda a introdución e os capítulos 2, 3 e 4. En todo caso, se alguén quixese optar por unha lectura rápida, ela suxeriría os terceiros capítulos de senllos libros.


A conferencia será impartida en inglés. O texto da súa intervención está, polo momento, á súa disposición unicamente en inglés, pero nos vindeiros días incorporaremos a versión en galego.


Debido á capacidade limitada do lugar de celebración do encontro; pregámoslle que confirme a súa asistencia no enderezo electrónico difusion@consellodacultura.org ou nos teléfonos 981957209 / 981957210.


Toda a información sobre o ciclo e materiais dos anteriores relatorios na nosa Mediateca


Ideoloxía e humor en tempos escuros. Notas desde Siria.
Data de celebración: 2012-06-21 17:00:00








Lisa Weeden, profesora de Ciencia Política na Universidade de Chicago e especialista en Oriente Próximo, con liñas de investigación centradas en política comparada, teoría política, teoría feminista e métodos cualitativos.
Allais Hajou, director sirio de series televisivas de humor como “The Lost (forgotten) Village,” Day`a, Daay`a, 2010 ou “Winds of Ruin,” Riyah al-Khirba 2011.


Hemeroteca
21-06-2012
A politóloga Lisa Wedeen e o director sirio de TV Allais Hajou reflexionaron sobre a autocracia, as revoltas, a fenda na sociedade Siria e os efectos do humor en “tempos escuros”
Ficha técnica
Coordinación
» Ramón Máiz Suárez
Relator/a
» Allais Hajou
» Lisa Wedeen
Organiza
» Consello da Cultura Galega
» Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Biblioteca do Consella da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela