A memoria dixital nos procesos de divulgación cultural

Xornada.

A memoria dixital nos procesos de divulgación cultural

11 de novembro de 2010
Xornada

A memoria dixital nos procesos de divulgación cultural

11 de novembro de 2010

A dixitalización de documentos é, actualmente, unha das accións prioritarias das administracións, entidades e institucións no marco dos seus respectivos plans de adaptación ao novo modelo da sociedade da información. Así, a base de datos estase convertendo nunha forma cultural que estrutura a conservación e recuperación da memoria como parte de novos procesos creativos. Todos estes cambios que no campo da documentación e das bases de datos chegaron da man das tecnoloxías actuais e os seus desafíos centrarán estas xornadas do Consello da Cultura Galega. Os expertos convocados achegarán os seus puntos de vista sobre medios dixitais, bases de datos e divulgación cultural. Deste xeito, tentarase articular un debate arredor das accións prioritarias neste momento para sacarlle o máximo proveito á memoria dixital nos procesos de divulgación cultural.

Ficha técnica 
Xornada.
A memoria dixital nos procesos de divulgación cultural
Cando
11 de novembro de 2010