consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

As escolas da emigración


A historia das escolas da emigración encerra milleiros de historias persoais: as das nenas e nenos que sentaron nos seus bancos para aprenderen as primeiras letras; ou as das persoas que, lonxe do seu país, xuntaban cartos e vontades para impulsaren o coñecemento nos seus lugares de orixe. Igulamente as das mestras e mestres que se esforzaban en ensinar. Todos eles foron deixando as súas pegadas neste proxecto colectivo. Algunhas desas pegadas pódense consultar no Arquivo da Emigración Galega, a través de cartas, documentos, publicacións, fotografías… , como esta pequena mostra que aquí expomos.