consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Mapa Cultural de Galicia


O Mapa Cultural de Galicia é unha representación gráfica dunha operación censal de equipamentos e infraestruturas culturais no territorio galego. Nel se recollen aqueles equipamentos susceptibles de conter actividades culturais entendidas nun senso amplo. A información está dirixida principalmente a programadores culturais, promotores e artistas pero resulta tamén de utilidade para o público en xeral. O mapa está en proceso de actualización constante, polo que a visualización de certos equipamentos dos que hai constancia será posible nos vindeiros días.

Este proxecto é froito dunha colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. O traballo está coordinado polo Observatorio da Cultura Galega.