consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

culturagalega.org


Un equipo novo de xornalistas, integrado no Consello da Cultura Galega, a terceira institución do país, elabora dende outubro do 2.000 o sitio de referencia da cultura galega en Internet. A credibilidade, a combinación de información e entretemento, a divulgación da lingua e cultura galegas, o apoio á industria cultural e a aposta por novas fórmulas de comunicación en Internet son algunhas claves de culturagalega.org.

Culturagalega.org non é a web oficial do Consello da Cultura Galega. Se precisas máis información sobre a institución, convocatorias, directorio de contactos e recursos, podes visitar a súa web: consellodacultura.org.

Culturagalega.org recibíu diferentes galardóns polo seu traballo: o Premio Nuevos Lenguajes, sección Internet, da Fundación Coca-Cola España (2001), o Premio á mellor iniciativa en prol da banda deseñada da Casa da Xuventude de Ourense (2001), Tamén foi a Mellor produción multimedia nos Premios Mestre Mateo 2003 (polo soportal AVG), Mellor Web Institucional da Resaca das Letras 09 e Mellor Web Musical (por MeGA) en galego 09.