----

Ramón Lobo abriu ás Xornadas "Comunicar Cultura", que analizan o panorama e os desafíos do xornalismo cultural

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2010.- Profesores, investigadores da comunicación e xornalistas interveñen nas xornadas “Comunicar cultura”, promovidas polo Arquivo da Comunicación do Consello da Cultura Galega para os días 20, 21 e 29 de abril. O programa aborda o panorama e os desafíos do xornalismo cultural, as experiencias desde distintos medios e soportes da comunicación e na Rede en Galicia e as políticas culturais en Europa. Os traballos foron inaugurados hoxe polo Presidente do CCG, Ramón Villares, e o coordinador das Xornadas, Xosé López. Deseguido Ramón Lobo (El País) falou sobre “Panorama e desafíos do xornalismo cultural”. A continuación referironse a “Experiencias de información cultural na rede”: Xosé Pereira, Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e Xosé Manuel Pereiro, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Ás 13 horas tivo lugar a primeira sesión “Comunicar cultura nos medios”. Interviron: Xosé María Palmeiro (Consello da Cultura Galega), Francisco Rodríguez Pastoriza, profesor da Facultade de Ciencias da Información (Universidade Complutense de Madrid) e xornalista con ampla experiencia na TVE, e María Pallier, directora do programa “Metrópolis” (TVE), que está a celebrar o seu primeiro cuarto de século. Pola tarde continuaron as reflexións “Comunicar Cultura nos medios”. Ás 17 horas falou Alfonso Armada (Fronterad), que foi presentado por Xosé Manuel Pereiro.. Logo chegou o turno de: Manuel Gago (www.culturagalega.org), Roberto Noguerol (Vieiros), Alfredo Ferreiro (Algueirada S.L.) e Ana Romaní, directora do programa “Diairo Cultural” (Radio Galega). PROGRAMA DO MÉRCORES, 21 A segunda sesión comezará ás 10 horas co tema “Comunicar Cultura na sociedade-rede” e as intervencións de: Victor Sampedro (Universidad Rey Juan Carlos), Carlos Elías (Universidad Carlos III) e Salomé Berrrocal Gonzalo (Universidad de Valladolid). Ás 12 horas chegará o penúltimo panel sobre “Comunicar Cultura nos medios” cos intervencións de: Xosé María Palmeiro (Consello da Cultura Galega), Henrique Sanfiz (Radiofusión) e Xavier Otero (Radio Galicia-SER). Ás 17 horas completarase esta temática coas achegas de: Camilo Franco (La Voz de Galicia), Xosé Ramón Pena (coordinador do suplemento “Faro da Cultura” de Faro de Vigo), Santiago Jaureguízar (El Progreso), Antón Lopo (Galicia Hoxe) e Iago Martínez (Xornal de Galicia). Ás 19 horas, Jacques Guyot (Université Paris VIII) falará sobre “Políticas culturais en Europa e información cultural”. As xornadas terán o seu epílogo o xoves 29 de abril ás 17 horas no salón de actos do Consello da Cultura Galega coa conferencia “Diversidade cultural e converxencia dixital”, a cargo de Jesús Martín Barbero, profesor da Universidad Javeriana de Bogotá e membro do Consejo Nacional de Cultura de Colombia.