----

Bolsas de colaboración no Centro Ramón Piñeiro

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publica, no DOG do 28 de decembro de 2005, a convocatoria de bolsas de colaboración en diferentes proxectos de investigación que neste momento se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
(Máis información)

As bolsas ás que poden optar os/as licenciados/as en Filoloxía Galega son:

- unha bolsa para colaborar no proxecto de terminoloxía científico-técnica.

- tres bolsas para colaborar no proxecto de dicionarios de literatura.

- unha bolsa para colaborar no proxecto de recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos.

- unha bolsa para colaborar no proxecto de informes anuais de literatura.

- unha bolsa para colaborar no proxecto de Cantigas de Santa María.

- unha bolsa para colaborar no proxecto de corpus de referencia do galego actual.

- unha bolsa para colaborar no proxecto de investigación e estudo do galego exterior.


O prazo de presentación de solicitudes é de corenta días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria.