----

O Consello da Cultura Galega presenta a edición facsímile da Gramática do idioma galego, de Manuel Lugrís

Hoxe venres, día 12 de maio, ás 13:00 h, presentarase no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega a edición facsímile da Gramática que Manuel Lugrís, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, publicou en 1922.

No acto participarán Ramón Villares, presidente do CCG, Henrique Monteagudo, secretario do CCG e coordinador da súa Sección de Lingua, e Manuel Lugrís Rodríguez, neto do homenaxeado.