As bolsas ás que poden optar os/as licenciados/as en Filoloxía Galega son:
- unha bolsa para colaborar no proxecto de terminoloxía científico-técnica
- unha bolsa para colaborar no proxecto de informes anuais de literatura
- dúas bolsas para colaborar no proxecto de corpus de referencia do galego actual
- unha bolsa para colaborar no proxecto de dicionarios de literatura
- unha bolsa para colaborar no proxecto de cadernos de fraseoloxía galega
O prazo de presentación de solicitudes é de corenta días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria.