----

O CCG estima que o turismo cultural xenera un 2.5% do produto interior bruto galego


Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2010.- Ramón Villares, o Presidente do Consello da Cultura Galega, Roberto Varela, Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e Håkan Casares, coordinador do Observatorio da Cultura Galega, presentaron hoxe, luns 8 de febreiro no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega o informe O turismo cultural en Galicia. O informe resalta o perfil dos visitantes, tanto españois como estranxeiros, que indican nas súas preferencias de visita a Galicia o turismo cultural, así como o forte incremento (máis do 100%) de visitantes, nos últimos sete anos, que veñen a Galicia con esa motivación. O informe tamén se detén no papel que xoga o Xacobeo como dinamizador do sector turístico, percibíndose con claridade un “efecto arrastre” do evento nos anos seguintes á súa celebración, especialmente entre os turistas estranxeiros. Descargas: