A comezos de agosto de 2009 presentouse publicamente ProLingua, unha plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega.
Tal e como se recolle no seu manifesto fundacional, o colectivo, creado por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión, “ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación.” Xa que logo, ProLingua desenvolverá accións destinadas a reclamar o cumprimento íntegro da actual Lei de Normalización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004.
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)