----

As xornadas "Arte+Espazo Público reanudaranse o 24 coa intervención do filósofo brasileño Nelson Brissac

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2009.- O xoves 24 de setembro ás 17 horas reanudaranse na Biblioteca do Consello da Cultura Galega as xornadas de reflexión e debate “ARTE+ESPAZO PÚBLICO” coa <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=986">intervención de Nelson Brissac</a>, filósofo e organizador do proxecto Arte/Cidade (Sao Paulo-Brasil), que falará sobre “Activar a cidade”.


<!--more-->
Organizadas pola Sección de “Creación e Artes Visuais Contemporáneas”, que coordina a profesora María Luísa Sobrino, as xornadas desenvolveranse ata o vindeiro mes de decembro e servirán para elaborar e publicar un informe sobre a situación actual da arte nos espazos públicos, con especial referencia a Galicia. Con anterioridade, no ano 2000, o Consello da Cultura Galega publicou o informe “A arte nos espazos públicos”.

En abril, maio e xuño interviron nestas xornadas Simón Marchán, Sophie Hope e Francesc Muñoz, que falaron, respectivamente do monumento e a fraxilidade simbólica, a programación (Londres) e a planificación da cidade (Barcelona).

PROGRAMA

21 outubro. “Sinalizar a cidade”. Rogelio López Cuenca, artista visual.

Novembro. “Idear a cidade”. François Schuiten, debuxante de banda deseñada.

17 decembro. Xornada de debate sobre “Arte+espazo público en Galicia”.

Para asistir é necesario inscribirse a través de: <a href="http://www.consellodacultura.org/">www.consellodacultura.org</a> e o enlace “<a href="http://consellodacultura.org/?page_id=203">Arte+espazo público”.</a>