>
Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
Xornada “As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital en rede”, organizada polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura
27/04/2012
Baixa o PROGRAMA V Encontro o son da memoria

O Arquivo Sonoro de Galicia, do Consello da Cultura Galega, organizou o venres 27 de abril unha xornada de reflexión e debate “V Encontro o son da Memoria” sobre “As grandes coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital en rede”. A xornada celebrouse, en sesións de mañá e tarde, no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia e ocupouse da situación dos arquivos sonoros na radiodifusión, nas universidades, nas institucións galegas e nos grupos de recompilación etno-musical. Consideráronse novas formas de coordinación e cooperación entre posuidores e/ou xestores de coleccións de gravacións sonoras ao abeiro das posibilidades abertas polo traballo en rede.

As sesións comezaron ás 10 horas co panel “Arquivos sonoros na radiodifusión galega”, no que participaron Xosé María Fernández Pazos, Paco Nieto e Henrique Sanfiz, responsables, respectivamente, dos arquivos sonoros da Radio Galega, Radio Lugo (SER) e das Emisoras Municipais Galegas. Moderou o xornalista Xosé María García Palmeiro.

Ás 12´30 horas o profesor Antón Santamarina moderou o panel sobre “Os arquivos nas universidades galegas”, no que interviron: Francisco Fernández Rei (Instituto da Lingua Galega), Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela) e Camiño Noia (Universidade de Vigo).

Ás 16´30 horas, chegou o turno para “Os arquivos nas institucións galegas” con Daniel Buján (director da Biblioteca de Galicia-Cidade da Cultura), Xosé Luís Foxo (Deputación de Ourense) e Concepción Losada Vázquez (Museo do Pobo Galego). Moderou: Afonso Vázquez-Monxardín, secretario do Arquivo Sonoro de Galicia.

Por último, ás 18 horas, Pablo Carpintero, do Arquivo Sonoro de Galicia, moderou o panel “Os grupos de recompilación etno-musical”, no que falaron Castor e Félix Castro Vicente (Aula de Música Tradicional Gomes Mouro) e Xoán Xil (escoitar.org).


imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
INFORMACIÓN
Coordinación
Modera
Participante
Organización
Arquivo Sonoro de Galicia
Lugar de celebración
Venres, 27 de abril de 2012 AUDITORIO da Biblioteca de Galicia Cidade da Cultura de Galicia Santiago de Compostela

NOTICIAS RELACIONADAS

Xornada “As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital en rede”, organizada polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura
Santiago de Compostela, 2012-04-27 00:00:00

ÚLTIMAS NOTICIAS

O Observatorio da Cultura contabiliza que en 2013 as familias gastaron 81 euros menos en cultura
Santiago de Compostela, 2015-03-31 11:30:38

O Consello da Cultura celebrará cun amplo programa de actividades o centenario das Irmandades da Fala
Santiago de Compostela, 2015-03-27 14:03:40

Os profesionais do ensino artístico reflexionan no Consello da Cultura sobre como compatibilizar estes estudos co bacharelato e a ESO
Santiago de Compostela, 2015-03-25 14:50:58

Expertos destacan o papel central da cultura na primeira sesión do ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020
Santiago de Compostela, 2015-03-24 19:24:56

O Consello da Cultura analiza mañá como lle afectan ao ensino artístico os novos plans de estudo
Santiago de Compostela, 2015-03-24 14:02:20

As políticas culturais abren o ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020
Santiago de Compostela, 2015-03-23 13:45:20

O Consello da Cultura Galega e a Casa de Velázquez convocan dúas bolsas para creación e investigación
Santiago de Compostela, 2015-03-19 08:52:50

Divulgación »

O emprego cultural en Galicia
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA

Podes consultar e descargar o informe O emprego cultural en Galicia
Divulgación »

Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
A Casa-escola de Entenza, construída polos emigrantes da parroquia en Arxentina

A Sociedade "Fomento y Educación Hijos de Entienza" en Arxentina, creada en 1920, tiña como lema "fomento, educación y ayuda mutua".
Sen esquecerse dos seus parroquianos, nos anos 20 do pasado século, mandaron cartos para construír un cemiterio na súa vila natal.
Logrado este proxecto, centráronse na construción dun moderno edificio escolar para que os nenos e nenas da parroquia accederan á educación. Ademais nun amplo salón, habilitouse unha biblioteca para todos os veciños. A casa-escola foi inaugurada en 1932.
Actualmente o edificio, moi modificado tras a súa rehabilitación en 1996, funciona como centro sociocultural a disposición dos veciños.
Divulgación »

Ángel Jorge Echeverri

1904 - 1984. Un continuador da escola de Anatomía de Rodríguez Cadarso

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas