>
Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro s/n
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
"Galicia necesita comunicar mellor, superar a fragmentación e crear os instrumentos adecuados para unha diplomacia cultural activa e eficaz"
08/06/2012
Baixa o PROGRAMA Poder brando e diplomacia cultural en Galicia Baixa o DOCUMENTO Conclusións

A gobernanza e a diplomacia no mundo internacionalizado e crecentemente interdependente deben considerar cada vez máis a importancia estratéxica da cultura e a súa influencia operativa na axenda xeral para a fixación da marca-país e para o seu positivo e diferenciado posicionamento entre as nacións. No tocante a Galicia, con importantes potencialidades culturais, necesitaríase "comunicar mellor, superar a fragmentación e crear os instrumentos adecuados para desenvolver unha "diplomacia cultural" activa, eficaz e perseverante". Esta foi unha das conclusións das xornadas "Poder brando e diplomacia cultural en Galicia", organizadas polo Consello da Cultura Galega (CCG) e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), iniciadas onte e que hoxe concluíron na Illa de San Simón coa participación de expertos de Brasil, México, Guatemala, Cataluña e Galicia. Os debates puideron ser seguidos vía streaming a través de www.consellodacultura.org

As xornadas significaron a importancia do "poder brando" nas sociedades contemporáneas e a súa influencia na calidade democrática, no desenvolvemento das industrias culturais e na imaxe exterior. As conclusións, presentadas por Xulio Ríos, director do IGADI, destacaron o feito de que "non é posible avanzar nese triple obxectivo sen prestar atención á diplomacia cultural, cada vez máis relevante nas políticas públicas". Salientaron tamén a necesidade de "estratexias específicas coherentes e sostidas" para aproveitar as oportunidades que abre a diplomacia cultural.

Galicia ten potencialidades importantes e posibilidades para desplegar unha "diplomacia cultural activa e positiva" pero precisa "saber comunicar mellor os seus obxectivos e proxectos, superar a fragmentación existente e aproveitar e proxectar os seus recursos na súa imaxe exterior. "Para cumprir ese obxectivo Galicia necesita crear os instrumentos axeitados para desenvolver unha diplomacia cultural activa, eficaz e sostida"

DERRADEIRA SESIÓN

Polo demais, na derradeira sesión e sobre a importancia da diplomacia branda ou versátil, falou esta mañá Edgar Montiel, director da Oficina da UNESCO en Guatemala, que describiu a "diplomacia cultural" como un proxecto "altamente participativo, atento ás produccións artísticas, culturais, intelectivas e científicas da comunidade nacional cunha relación fluída e democrática cos creadores". O relator defendeu a idea dos "mediadores culturais" e o seu papel nun escenario que aposta cada vez máis pola visión holística e no que as manifestacións culturais, artísticas, educativas, científicas, tecnolóxicas e comunicacionais forman parte dun "único paquete". Esa diplomacia cultural incorporaría un enfoque estratéxico de política exterior para a era intercultural e consideraría a cultura como "un recurso para a cohesión social, o diálogo entre os pobos, a paz social e o desenvolvemento compartido" á vista da importancia da cultura como factor dinámico da economía mundial.

Pola súa parte, Alfons Martinell, director da Cátedra UNESCO "Políticas Culturais e Cooperación" e profesor titular da Universidade de Girona, no seu relatorio "Política cultural e diplomacia pública" defendeu a idea dun goberno "facilitador e non director dunha política cultural exterior, definidor de marcos e canles e non de contidos, que son cousa dos creadores". Apostou por establecer relacións de confianza e diálogo e menos pola alta dependencia de centros ou institutos como o Cervantes e cuestionou a eficacia das accións gubernamentais en solitario para crear e potenciar unha marca-país. Chamou a atención sobre a dimensión multilateral de calquera acción cultural e sobre a esixencia de colaborar coas administracións autonómic as e cos entes locais.

No acto de clausura das xornadas participou xunto co Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez.

INAUGURACIÓN

INAUGURACIÓN

d196f2_IMG_3210m.jpg

A CULTURA, RECURSO ESTRATÉXICO DA POLÍTICA EXTERIOR

A CULTURA, RECURSO ESTRATÉXICO DA POLÍTICA EXTERIOR

4d616a_IMG_3223m.jpg

OS GOBERNOS LOCAIS E A PROMOCIÓN EXTERIOR DA IDENTIDADE. O CASO DA EMIGRACIÓN MEXICANA EN ESTADOS UNIDOS

OS GOBERNOS LOCAIS E A PROMOCIÓN EXTERIOR DA IDENTIDADE. O CASO DA EMIGRACIÓN MEXICANA EN ESTADOS UNIDOS

56d4c6_IMG_3234m.jpg

A PROXECCIÓN EXTERIOR DA CULTURA GALEGA: POLÍTICAS, ACTORES, ESCENARIOS

A PROXECCIÓN EXTERIOR DA CULTURA GALEGA: POLÍTICAS, ACTORES, ESCENARIOS

6fe8ad_IMG_3269m.jpg

CONCEPTOS E PRÁCTICAS DE DIPLOMACIA CULTURAL. UN RECURSO DE POLÍTICA EXTERIOR PARA LA ERA GLOBAL

CONCEPTOS E PRÁCTICAS DE DIPLOMACIA CULTURAL. UN RECURSO DE POLÍTICA EXTERIOR PARA LA ERA GLOBAL

a4d78f_IMG_3276m.jpg

POLÍTICA CULTURAL E DIPLOMACIA PÚBLICA

86061e_IMG_3281m.jpg

POLÍTICA CULTURAL E DIPLOMACIA PÚBLICA

358Take02.mp3

Conclusións

6451da_IMG_3288m.jpg

Conclusións

358Take03.mp3

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
INFORMACIÓN
Coordinación
Participante
Colaboración
IGADI
Illa de San Simón
Organización
Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración
Illa de San Simón 7-8 de Xuño de 2012

NOTICIAS RELACIONADAS

"Galicia necesita comunicar mellor, superar a fragmentación e crear os instrumentos adecuados para unha diplomacia cultural activa e eficaz"
Santiago de Compostela, 2012-06-08 00:00:00

As Xornadas de debate sobre “Poder brando e diplomacia cultural en Galicia”, organizadas polo Consello da Cultura Galega e o IGADI, salientan a necesidade dunha estratexia común
Santiago de Compostela, 2012-06-07 00:00:00

Siga en directo a xornada "Poder brando e diplomacia cultural en Galicia"
Santiago de Compostela, 2012-06-07 00:00:00

ÚLTIMAS NOTICIAS

Aberto o prazo de inscrición para a conferencia de Javier Moscoso no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
Santiago de Compostela, 2016-02-05 14:19:39

O Consello da Cultura Galega presenta os resultados das súas bolsas coa Casa de Velázquez
Santiago de Compostela, 2016-02-03 12:36:49

Luciano Concheiro achega as investigacións recentes sobre o exilio republicano en México no Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela, 2016-02-02 19:15:10

O Consello da Cultura afonda na figura de Rosendo Salvado cunha nova publicación
Santiago de Compostela, 2016-01-28 18:27:08

O Observatorio da Cultura destaca a baixa participación cultural da cidadanía galega
Santiago de Compostela, 2016-01-20 11:45:36

O Plenario aprobou a programación nunha sesión extraordinaria á que asistiu o presidente da Xunta
Santiago de Compostela, 2016-01-15 09:21:37

O Consello da Cultura Galega celebra este serán unha sesión plenaria extraordinaria
Santiago de Compostela, 2016-01-14 13:12:36

Divulgación »

Ocio e hábitos culturais (I)
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA

Podes consultar e descargar o informe Ocio e hábitos culturais (I)
Divulgación »

Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
A Casa-escola de Entenza

Construída polos emigrantes da parroquia en Arxentina
Divulgación »

Ángel Jorge Echeverri

1904 - 1984. Un continuador da escola de Anatomía de Rodríguez Cadarso

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas