Listaxe coa puntuación provisional

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2012

De acordo co previsto na cláusula novena da Resolución do 12 de abril de 2012, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG núm. 75, do 21 de abril de 2012), e unha vez rematado o proceso de avaliación dos méritos das/dos solicitantes, publícase a listaxe provisional de candidatas e candidatos, ordenada de maior a menor, segundo a súa puntuación.
Ábrese, consonte á dita clásula, un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación da listaxe coa puntuación provisional, co fin de que as persoas interesadas poidan realizar as reclamacións sobre esta nos lugares e forma indicados na base quinta desta convocatoria.

Pode descargar aquí a listaxe coa puntuación provisional