CONVOCATORIA

----

Relación de titulares e suplentes das bolsas de colaboración do Consello da Cultura Galega

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2012

Segundo o disposto na cláusula novena da Resolución do 12 de abril de 2012, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG núm. 75, do 21 de abril de 2012), e unha vez rematado o prazo de reclamacións das puntuacións provisionais, publícanse as listaxes definitivas de titulares e suplentes, ordenadas segundo a puntuación obtida por cada persoa solicitante.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012



Asdo: Marcelino Xulio Fernández Santiago
Xerente do Consello da Cultura Galega

Pode descargar aquí a listaxe coa relación de titulares e suplentes das bolsas de colaboración do Consello da Cultura Galega