----

A Xunta de Galicia presenta a campaña “Redes sociais en galego”

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presentaron onte publicamente a campaña “Redes sociais en galego”, coa que queren facer explícito o seu apoio ás diferentes iniciativas de galeguización das redes sociais que están a promover os internautas.
A Xunta de Galicia presenta a campaña “Redes sociais en galego”

No acto de presentación interviñeron Anxo Lorenzo, Valentín García e Mar Pereira, en representación da Xunta de Galicia, xunto con diferentes representantes do ámbito sociocultural, como o escritor Xosé Neira Vilas; o actor Rubén Riós; a actriz María Mera; a xornalista María Canosa; as gañadoras do certame You Tube Space Lab, María Vilas e Laura Calvo; e o impulsor da iniciativa Twitter en galego, XA!, Ian Vázquez.
Se desexa máis información, prema aquí.