4-OU: Anthony Pagden, da Universityy of California, reflexionará sobre "O imaxinario politico na creación do mundo iberoamericano" no seminario "O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)"

O seminario interdisciplinar "O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)", que o Consello da Cultura Galega puxo en marcha en 2006, reanudará as súas actividades o próximo 4 de outubro. Anthony Pagden, profesor de Ciencias Políticas e Historia na University of California-Los Ángeles disertará e reflexionará, a partir das 17 horas, sobre o tema "De la monarquía católica a la república virtuosa. El imaginario político en la creación del mundo iberoamericano".

Da man do profesor Ramón Maiz, membro do Plenario da institución e coordinador da Sección de Filosofía e Pensamento, o seminario forma parte da actividade períódica de debate e difusión cultural que, entre moitas outras, ven ofrecendo o CCG nun intento de debullar críticamente as plurais significacións da Cultura.

Un volume de setecentas páxinas recolleu xa as principais contribucións dos participantes neste seminario no seu primeiro cuatrienio baixo o título "O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)".

O texto do relatorio de Anthony Pagden, en versión galega, pode lerse e/ou descargarse en:
http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/Texto_Anthony_Pagden_CCG.pdf

Outras noticias que che poden interesar: