----

Presentado o libro “O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)”, con 28 relatorios do primeiro cuatrienio do homónimo seminario interdisciplinar

O Consello da Cultura Galega presentou o libro “O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)”, que recolle en 720 páxinas a maioría dos textos presentados e debatidos durante os últimos catro anos no seminario interdisciplinar do mesmo título. Trátase dunha contribuciòn “moi sólida e orixinal ao debate sobre o papel da cultura nas sociedades democráticas occidentais”, afirmou Ramón Villares, presidente do CCG. Para Ramón Maiz, coordinador do seminario e compilador da obra, o libro permite un achegamento á pluralidade das significacións da cultura desde diversas tradicións intelectuais, olladas persoais e disciplinas académicas”. A publicación pode ser descargada desde os dispositivos móviles mediante o código QR.

O seminario “O(s) sentid(s) da(s) cultura(s)”, posto en marcha en 2006, forma parte da actividade períódica de debate e difusión cultural que, entre moitas outras, ven ofrecendo o CCG nun intento de debullar aberta e críticamente as plurais significacións da Cultura. A institución serviu de plataforma para acoller diferentes puntos de vista desde áreas e ópticas europeas e americanas, feito que, en palabras de Ramón Villares, “reflicte un estilo intelectual e un modo de actuar institucional”.

Ramón Maiz, coordinador do seminario e compilador da obra, subliñou a unidade da publicación e o seu carácter aberto que a converte nunha “contribución referencial para o debate do que entendemos por Cultura no noso tempo”. Trátase, en definitiva, de achegar ao público materiais que consideramos de interese para a reflexión sobre tan capital dimensión, por constitutiva, das nosas vidas en procura de “terra firme” nun mundo que nos sitúa unha e outra vez fóra de lugar”, precisou.

O volume recolle un total de 28 intervencións, entre as que figuran as de Slavoj Zizek, José Manuel Sánchez Ron, Josep Ramoneda, Amelia Valcárcel, Darío Villanueva, Rafael Argullol, Donatella della Porta, José Antonio Fernández de Rota, Isabel Pires de Lima, Alberto Ruiz de Samaniego, Anne Phillips, Héctor Díaz-Polanco, Mónica Threlfall, Félix Duque, Mario Caciagli ou Ernesto Laclau.

4 OUTUBRO, ANTHONY PAGDEN

O seminario interdisciplinar "O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)" reanudará as súas actividades o próximo 4 de outubro. Anthony Pagden, profesor de Ciencias Políticas e Historia na University of California-Los ángeles disertará e reflexionará, a partir das 17 horas, sobre o tema "De la monarquía católica a la república virtuosa. El imaginario político en la creación del mundo iberoamericano".

O texto do relatorio de Anthony Pagden, en versión galega, pode lerse e/ou descargarse en:
http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/Texto_Anthony_Pagden