----

O Consello da Cultura Galega lamenta o falecemento de Blanca Jiménez Alonso, presidenta de honra da Fundación Penzol

O Consello da Cultura Galega expresou o seu pesar polo falecemento de Blanca Jiménez Alonso, viúva de Fermín Penzol, e que fora integrante do Plenario da institución entre 2001 e 2008. Era presidenta de honra da Fundación Penzol e conselleira da Editorial Galaxia.
O Consello da Cultura Galega salientou “o entusiasta labor de Blanca Jiménez Alonso no desenvolvemento do ricaz patrimonio bibliográfico Fundación Penzol, creada por iniciativa do seu marido e aberta ao servizo de Galicia en Vigo desde 1963”. Lembrou asemade a “continuada colaboración da Fundación Penzol co Consello da Cultura desde a constitución desta institución en 1983”.
O funeral celebrarase mañá sábado día 6 de outubro ás 18´15 horas no tanatorio de Boisaca en Santiago de Compostela.
O Consello da Cultura Galega lamenta o falecemento de Blanca Jiménez Alonso, presidenta de honra da Fundación Penzol