A Illa de San Simón acolleu o II Seminario Internacional “Emigración e exilio nos EE.UU.: Experiencias de Galicia e Açores”. EN DIRECTO

O II Seminario Internacional “Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: Experiencias de Galicia e Açores” celebrouse na Illa de San Simón os días 18 e 19 de outubro, organizado polo Consello da Cultura Galega e a Fundaçao Luso-Americana para o Desenvolvimento. Tratouse de considerar, de xeito comparado, aspectos como a integración nas sociedades de acollida, as relacións co mundo do exilio, o impulso de novos medios de comunicación na diáspora e o papel das comunidades emigrantes na diplomacia cultural. O seminario continúa os traballos desenvolvidos no congreso GALICIA e AÇORES: A ROTA AMERICANA, celebrado nas Illas Açores a finais de 2009.

O programa comezou o día 18 ás 10 horas coas intervencións de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Paula Vicente, da Fundaçao Luso-Americana para o Desenvolvimento, Gilberta
Rocha (Universidade dos Açores), e Alberto Pena (Universidade de Vigo).

Seguiron dous paneis ao longo da mañá e un a partir das 16´30 horas.
“O exilio intelectual: os estudos ibéricos na educación superior dos EUA” (Alex Alonso-City University of New York; Pilar Damiao-Universidade dos Açores, e Henrique Monteagudo-Universidade de Santiago de Compostela).

“Emigración e diplomacia cultural” (Graça Araújo Fonseca, cónsul de Portugal en New Bedford-EUA; Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Analise e Documentación Internacional-IGADI, e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega).

“Emigración e integración” (Álvaro Borralho-Universidade dos Açóres; José C. Moya-Columbia University of New York; Gilberta Rocha-Universidade dos Açores,; Miguel Santos Rego-Universidade de Santiago de Compostela, e Dulce Scott-Anderson University).

O venres 19 desenvolveuse o panel “Emigración e comunicación” (Xosé López-Universidade de Santiago de Compostela; Luís Menéndez Villalba-Televisión de Galicia; Alberto Pena-Universidade de Vigo, e Alexandre Soares, xornalista nos Estados Unidos). MOderou o xornalista Xosé María García Palmeiro, director de comunicación do Consello da Cultura Galega.

Na organización do seminario colaboraron a Fundación Illa de San Simón e a Universidade dos Açores.

Outras noticias que che poden interesar: