----

Os concellos galegos festexan o Nadal en Rede

A Rede de Dinamización Lingüística presenta o programa Nadal en Rede, que inclúe diferentes iniciativas e materiais de apoio para que os concellos adscritos á Rede poidan festexar estas datas en galego.
Os concellos galegos festexan o Nadal en Rede

A primeira acción que se vai desenvolver é Lingua de Reis, que consiste nunha visita dos tres Reis Magos aos colexios de infantil e primaria de Castro de Rei, Sober, Maside, Corcubión, A Baña, Aranga, A Lama, Cuntis e Mondariz-Balneario. A partir do 27 de decembro de 2012, botará a andar Cantámosche os Reis, obradoiros de cantos de Nadal que terán lugar noutros nove concellos.

A maiores, tamén se distribuíu entre as entidades que forman parte da Rede O Libro dos Reis Magos, con diferentes modelos de alocucións para que os Reis poidan dirixirse aos nenos/as, un modelo de carta en galego para enviarlles ás Maxestades de Oriente e diferentes tipos de postais para que os adultos tamén feliciten en galego estas festas.