----

Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí

O CPI Doutor Daniel Monje, de Navia de Suarna (Lugo), amosa nas súas instalacións esta exposición itinerante, organizada polo Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). O obxectivo é achegar o fenómeno da emigración galega aos alumnos do centro, quen poderán participar nun concurso de relatos a partir da elección dunha das imaxes da colección fotográfica.

Datas: Do 13 de decembro ao 31 de xaneiro de 2013
.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:
Os adeuses