----

As artes escénicas en Galicia: nova fase de participación

O documento de traballo sobre o sector das Artes Escénicas recibe achegas e decídese abrir unha segunda rolda de debate e participación ata o 23 de abril, antes da celebración dun evento de debate e reflexión que será convintemente publicitado a través deste web.


Representación de "Retorno ao deserto". Foto: CDG.

Desde hai algúns meses o Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Música e Artes escénicas e por medio dunha Comisión Técnica temporal creada aos efectos, vén traballando na elaboración dun documento que define os retos e desafíos das artes escénicas en Galicia no momento actual e no futuro inmediato e a medio prazo. Un documento co que tentamos sentar as bases programáticas do que debería ser un Plan estratéxico para as artes escénicas.

Aberto e en proceso

Logo dunha primeira fase de presentación pública do documento e da dunh digna recolla de achegas ofrecemos unha terceira versión do mesmo, no que xa se introduciron todas aquelas propostas que foron chegando á comisión relatora.

De novo presentamos o documento para xerar unha nova fase de análise e debate en torno ao documento e de novo convidamos a todas as persoas que o desexen a facernos chegar todo tipo de propostas, achegas e suxestións, que de novo serán analizadas e incorporadas ao documento, que tamén será presentado nunha xornada de análise e debate que se celebrará a finais do mes de abril na sede do Consello da Cultura Galega segundo programa que se fará público en breve.

DESCARGA DE DOCUMENTOS



Tamén podes participar
En consecuencia animámoste a participar neste proceso e pregamos nos envíes todas cantas ideas, propostas, suxestións e iniciativas estimes oportunas, pregándoche que de ser o caso fagas referencia ás páxinas ou seccións do documento en PDF que poñemos ao teu dispor. Tes de prazo ata o 23 de abril.

Remite as túas propostas, opinións e comentarios ao correo artes.escenicas@consellodacultura.org, especificando o teu nome e apelidos a efectos de notificación e contacto.

Outras noticias que te poden interesar: