----

Bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo convoca catro bolsas de formación na súa Área de Normalización Lingüística (ANL) destinadas á formación complementaria do estudantado, que participará nas actividades de dinamización lingüística e formación que se desenvolven na ANL.

Os solicitantes deben ser estudantes de Filoloxía Galega, Grao en Estudos de Galego e Español (itinerario lingua galega e española/lingua e literatura galega) ou de Tradución e Interpretación (Lingua A: Galego) da Universidade de Vigo no curso 2012/2013 e ter cursado polo menos a metade dos créditos da titulación.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 11 de marzo de 2013, ás 14:00 h. Se desexas ampliar esta información, preme aquí.