----

Novos datos sobre usos lingüísticos na docencia da USC

O Servizo de Normalización Lingüística da USC presenta os datos sobre usos lingüísticos na docencia na USC neste curso 2012-2013. En termos xerais, impártense en castelán o 73,74% das horas docentes, en galego o 23,34% e en inglés o 1,72%. O restante 1,2% do horario impártese en francés, portugués, italiano ou alemán.

Segundo o tipo de titulación, nos mestrados é onde máis uso se fai do galego (arredor dun 30%). En castelán impártese o 66,61% e en inglés o 1,68% das horas. Nos graos, o uso do castelán é o 72,89%; o do galego, o 23.70% e o do inglés, o 2,03%. Nas diplomaturas e licenciaturas o uso do galego baixa ao 14,37%, mentres que en castelán impártese o 84,47% das horas docentes.
Podes ampliar esta información no Cartafol Dixital, publicación de normalización lingüística da USC.