O Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Música e Artes Escénicas, acaba de organizar un relatorio que terá lugar mañá, xoves 10 de abril, ás 12 h baixo o título "A interpretación actual da lírica medieval: o debate entre a estética e a arqueoloxía" e que estará a cargo do profesor da Univesitat Autónoma de Barcelona, Antonio Rossell.
Rossell, creador do Centre d'Estudis Trobadorescos de Castelló d'Empúries (Girona), centrará a súa intervención nalgunhas das liñas de investigación que leva adiante actualmente, centradas na lírica medieval (texto literario e música) e nos sistemas de composición poética e musical.
Neste sentido cabe destacar que as súas investigacións permitíronlle reconstruír musicalmente o "Cantar de Mío Cid" e, actualmente está a traballar na épica francesa.Na súa intervención non faltarán as referencias aos seus traballos sobre as Cantigas de Santa María, de Alfonso X "o Sabio" , que constitúen un dos eixos centrais do seu traballo no que se refire a estudios, artigos e publicacións posto que, desde 1985, leva publicados numerosísimos traballos sobre este tema en varios idiomas.
Tampouco debemos esquecer a faceta do profesor Rossell como intérprete de música medieval xa que no seu haber destaca a gravación de numerosos discos e programas musicais sobre temática medieval. Neste sentido, hai que destacar que Antonio Rossell presentará no vindeiro mes de maio o seu último disco, editado pola discográfica francesa Menestrers Gascons, titulado "Psaumes protestants de la renaishensça occitana (s.XV)".