'ALTERNATIVA 2002' ARRINCA COA PRESENTACIÓN OFICIAL DOS ACTOS NO CCG

Tal e como acontecera na edición pasada, o Consello da Cultura Galega volve acoller a presentación do Festival Alternativo de Teatro, Música e Danza de Compostela, que terá lugar en Santiago entre o 5 e o 23 de marzo. Unha vez máis, o Consello da Cultura Galega volve apoiar esta iniciativa, nun intento de ofrecer unha visión máis aberta da cultura que abranga novas iniciativas e autores emerxentes.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Ó acto de presentación da terceira edición deste evento, que terá lugar o vindeiro luns, 4 de marzo, ás 13,30 horas, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, está prevista a participación do vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Castromil, por parte do Consello da Cultura Galega, Ana Vallés, do Teatro Galán, Xesús de Ron, da Sala NASA, Anibal Otero, xerente do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e o director de comarca de Caixanova, Manuel Arca.

Do mesmo xeito, tamén está previsto que estean presentes un representante de cada unha das produccións que abrirán o III Festival Alternativo, Baltasar Patiño, en nome de Matarile Teatro e Manolo Cortés, por Chévere e coa producción teatral madrileña La fuerza de la costumbre, que será representada en Santiago na Sala NASA os días 8 e 9 de marzo. En canto á producción de Matarile Teatro, A brazo partido, hai que destacar que se trata dunha colaboración co IGAEM que será representada entre o 5 e o 7 de marzo no Teatro Galán.

O programa de Alternativa 2002 completarase cunha grande cantidade de propostas: concertos de música, representacións teatrais e de danza e incluso propostas novidosas, que virán da man do ciclo Sen conTexto.