NOTICIA

----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ, DIA 24, EN ROLDA DE PRENSA, AS XORNADAS "GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPAZOS NA SOCIEDADE GLOBAL"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá, venres 24 de outubro, ás 12´00 horas, en rolda de prensa, as xornadas GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPAZOS NA SOCIEDADE GLOBAL. A presentación terá lugar no auditorio do CCG e contará coa presencia do Presidente da Institución, Alfonso Zulueta de Haz e do coordinador das xornadas, o profesor e ensaísta Antón Baamonde.

As xornadas, que se celebrarán os días 12, 13 e 14 de novembro no auditorio do CCG, prestarán atención á potenciación dos espacios urbanos e ás sinerxias Galicia-Norte de Portugal. Serán ianuguradas cunha conferencia do filósofo Gilles Lipovetsky e contarán, entre outros, coas intervencións de Jordi Borja, Xavier Rubert de Ventós, César Portela ou Fermín Bouza. O encontro forma parte do programa de actos conmemorativos dos vinte anos do Consello da Cultura Galega, creado en 1983.