NOTICIA

----

A CASA DE WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ ACOLLERÁ 'A CELEBRACIÓN DA POESÍA E DA NATUREZA'

A Casa de Wenceslao Fernández Flórez en Cecebre (Cambre, A Coruña) acollerá mañá, venres 5 de abril, a partir das 12 horas, a Celebración da Poesía e da Natureza, un encontro de poetas es escritores organizado polo Consello da Cultura Galega, a Fundación Wenceslao Fernández Flórez e o Pen Clube Galicia.

A xornada que se desenvolverá en Cambre ó longo de todo o día consta de dous recitais e un acto conmemorativo, no que intervirá Xaime Isla Couto, presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, Luís G. Tosar, presidente do Pen Clube Galicia, así como o presidente da Xunta, Manuel Fraga, e os conselleiros de Medio Ambiente, Carlos del Álamo, e o de Cultura, Xesús Pérez Varela.

Do mesmo xeito, durante a xornada da mañá, tamén terá lugar a inauguración da exposición fotográfica "100 anos da 'Fraga de Cecebre", fraga na que a continuación, terán lugar os recitais poéticas e a plantación da chamada Árbore dos Poetas (unha abeleira).

En canto ós recitais hai que destacar o feito de que ambos, "Poesía no Bosque Animado" e "A voz da natureza", terán lugar pola tarde e neles participarán máis de 15 poetas. Manuel Álvarez Torneiro, Iolanda Castaño, Modesto Fraga ou Paulino Vázquez serán algúns dos poetas que participarán no encontro.