NOTICIA

----

A ORIXE ÉTNICA E XENÉTICA DOS POBOS DO NORTE PENINSULAR CENTRAN NUNHAS XORNADAS DO CCG

Coa celebración de xornadas como "Xenética e historia no noroeste peninsular: unha perspectiva interdisciplinaria", encontro que comeza mañá no Consello da Cultura Galega e que se desenvolve ata o sábado, 13 de abril de 2002, os seus organizadores pretenden cando menos esbozar novas teorías que axuden a comprender os fenómenos culturais que caracterizan ós pobos.

Estas xornadas reúnen por vez primeira a reputados especialistas en biotecnoloxía que se sentarán con historiadores, lingüísticas e arqueólogos para poñer en común os seus métodos e teorías coas que tentan explicar a orixe e evolución dos pobos do Noroeste Peninsular.

Os coordindadores do encontro, o director do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, Anxo Carracedo, e o historiador da USC, Xerardo Pérez Menaut, foron os encargados de reunir ós relatores deste congreso, procedentes de Barcelona, Salamanca, Portugal e Galicia como Jaume Bertranpetit, António Amorin, Xosé Manuel Vázquez Varela, Claudio Torres ou Antón Santamarina

Segundo os seus organizadores, con este encontro pioneiro no seu carácter interdisciplinar, preténdese achegar disciplinas que ata o de agora traballaban sen contacto, ignorando unha o que facía a outra. O obxectivo final é extraer unha serie de conclusións que posterioremente serán elaboradas e publicadas polo Consello da Cultura Galega nun informe.