NOTICIA

----

O CCG PRESENTA A EDICIÓN FACSMILAR DO "COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS" DE FRAI MARTÍN SARMIENTO

O Consello da Cultura Galega presentará mañá, xoves 16 de maio, ás 12:00 h. a edición facsimilar do "Coloquio en mil duascentas coplas galegas". No acto de presentación participarán Alfonso Zulueta, Presidente do Consello da Cultura Galega, e Henrique Monteagudo, secretario da institución e coordinador do Proxecto Sarmiento.

O "Coloquio en mil duascentas coplas galegas", elaborado por Martín Sarmiento a finais de 1746, é, nas palabras do seu editor, Henrique Monteagudo, "un escrito de valor excepcional, pois é un dos primeiros ensaios de restauración do cultivo escrito do idioma galego despois da decadencia tardo-mediveval. Isto outórgalle unha significación absolutamente emblemática na historia do idioma galego". A edición, facsimilar, reproduce o manuscrito orixinal redactado por Martín Sarmiento.