----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA ESTE VENRES O INFORME "A COMUNICACIÓN EN GALICIA 2004"

A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) presentará este venres, día 28, o informe "A comunicación en Galicia 2004". A rolda de prensa terá lugar ás 12´00 horas no salón de actos da institución e intervirán: Xosé López, coordinador da Sección, vicepresidente do Consello e profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, e Alfonso Zulueta de Haz, presidente do CCG

A publicación, de 376 páxinas, recolle o resultado dos traballos de 28 investigadores, profesores e xornalistas. Está estructurada en tres partes: monografías sobre o estado da cuestión dos distintos medios e áreas de estudo na comunicación, temas específicos abordados por investigadores e unha compilación da producción bibliográfica en comunicación galega. Ideado para fomentar o diálogo e o debate, o Informe é tamén "unha ferramenta para a comprensión das transformacións que se producen no hipersector da comunicación en Galicia", en palabras do profesor Xosé López.
- Hora: 1200
- Lugar: salón de actos do CCG. Pazo de Raxoi, 2º Andar