NOTICIA

----

OS SEGADORES GALEGOS EN CASTELA CENTRAN UNHA MOSTRA DO CCG

Baixo o nome de "Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos", a Sección de Antropoloxía Cultural do CCG e o Museo Etnolóxico de Ribadavia, dependente da Consellería de Cultura, son os promotores dunha mostra que se inaugura hoxe no Museo de Ribadavia coa pretensión de evocar a vella relación que ata os anos 60 mantiveron Castela e Galicia a través dos segadores.

Recuperar esta memoria histórica escrita con suor é o obxectivo que impulsou ós comisarios desta mostra, Xosé Manuel González Reboredo e Xosé Carlos Sierra Rodríguez. A mostra complétase cun video e o catálogo da mostra.

Atopa máis información en Culturagalega.org