NOTICIA

----

MARGARITA LEDO PRESENTA O "INFORME DO AUDIOVISUAL GALEGO"

Margarita Ledo, catedrática de Comunicación Audiovisual da Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, presentará os resultados do Informe do Audiovisual en Galicia 2001 e o Catálogo de Produccións Audiovisuais 1999-2000.

O Informe recolle a actividade audiovisual en Galicia durante o bienio 1999-2000 e analiza os custes de producción de productos de ficción e documentais, o tipo de produccións e o número de horas producidas.

O Observatorio do Audiovisual (ODA) forma parte do programa ‘TV e Interculturalidade: Comunicación na Periferia Atlántica’ do Departamento de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago. O ODA ten por obxecto o seguemento sistemático da producción, modo de financiamento e circulación das obras cinematográficas e audiovisuais galegas, a súa catalogación, e a actualización permanente dunha base de datos e documental arredor desta ponla da industria da comunicación e da cultura.

Na presentación tamén se fará pública a web da entidade, dende a que se accede á descarga de toda a documentación. Os parceiros do ODA son a Compañía de Radio Televisión de Galicia e o Consello da Cultura Galega.