NOTICIA

----

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN GRATUITA NAS XORNADAS "GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPACIOS NA SOCIEDADE GLOBAL"

O prazo de inscripción, gratuíta, para participar nas Xornadas GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPACIOS NA SOCIEDADE GLOBAL, organizadas polo Consello da Cultura Galega (CCG) continúa aberto. As prazas, en número de 80, cubriranse por orde de inscripción, entregarase diploma acreditativo e validarase un crédito de libre configuración das universidades de Vigo e A Coruña.

As xornadas celebraranse na sede do CCG, en Santiago de Compostela, os días 12, 13 e 14 de novembro e abriranse cunha conferencia do filósofo francés Gilles Lipovetsky (Da postmodernidade á hipermodernidade: os novos xeitos de vida individualistas). Na segunda sesión están previstas as intervencións de César Portela (Proxectando Galicia); Jordi Borja (O urbanismo das cidades españolas: entre o espazo público e o parque temático); Nuno Portas (Redes urbanas no Noroeste peninsular) e Juan Luís Dalda (A cidade difusa no noroeste peninsular).

O 14 de novembro os relatores serán Anxel Viña (Galicia e o Norte de Portugal como espazo de sinerxias), Antonio Figueiredo (Cuestións de gobernanza do policentrismo periférico: o caso de Galicia e o Norte de Portugal); Xavier Rubert de Ventós (¿Competitivos ou complementarios?) e Fermín Bouza (Castela e Galicia: analoxías e disparidades). Coordinadas polo profesor e ensaísta Antón Baamonde, as xornadas forman parte dos actos conmemorativos dos primeiros vinte anos do Consello da Cultura Galega.