NOTICIA

----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTARÁ MAÑÁ EN ROLDA DE PRENSA AS XORNADAS "A ARQUITECTURA DESDE CATALUÑA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá, martes, día 25, ás 12´30 horas, en rolda de prensa, as xornadas A ARQUITECTURA DESDE CATALUÑA.

As xornadas, organizadas pola Sección de Arquitectura, que coordina Iago Seara, celebraránse na sede do CCG os días 27 e 28 de novembro e contarán coa participación de importantes arquitectos cataláns como Antonio Armesto, Josep María Montaner, Federico Correa, Carlos Ferrater, Carlos Martí, Helio Piñón, Jordi Badía, Josep Llinás, Ignacio Paricio e Carme Pigem. Na rolda de prensa intervirá Iago Seara, coordinador da Sección de Arquitectura e Alfonso Zulueta de Haz, Presidente do CCG.