NOTICIA

----

O EXILIO ESPAÑOL EN MÉXICO PROTAGONIZA UN RELATORIO NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Españois en México durante o primeiro franquismo é o título do relatorio que a doutora Clara E. Lida ofrecerá mañá, mércores 30 de maio, ás 19,00h. no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, nun acto que organiza o Arquivo da Emigración Galega coa pretensión de afondar nos trasvases de poboación que se produciron nesas datas en dirección a América.

Con este obxectivo foi invitada a profesora e investigadora de El Colexio de México, Clara E. Lida, catedrática de historia de Europa e América Latina en prestixiosas universidades dos Estados Unidos e autora de máis dun centenar de artigos e unha ducia de libros sobre o anarquismo, a inmigración española a América e sobre el exilio republicano en México.

Directora da revista Historia Mexicana e membro dos consellos de redacción de varias revistas especializadas de España e de outros países, Clara E. Lida é autora de numerosas obras entre as que se contan títulos como Anarquismo y revolución en la España del XIX, La Mano Negra y el anarquismo agrario andaluz, Tres aspectos de la presencia española en México, La Casa de España en México, Una inmigración privilegiada, Inmigración y exilio, España y el Imperio de Maximiliano. Finalmente, o titulado México y España durante el primer franquismo (1939-1950), será publicado proximamente.